Se tiveches un ACCIDENTE DE TRÁFICO e precisas tratamento
para recuperarte das túas lesións, acude ao noso centro de
fisioterapia de Marín para iniciar o proceso de rehabilitación.
Se desexas elixir CENTRO DE FISIOTERAPIA LOIS
para a túarecuperación funcional, a compañía coa que tes
contratado o teu seguro pode autorizar a realización
do tratamento de fisioterapia no noso centro.
Tamén podes solicitar á compañía o reembolso dos gastos
presentando a factura e o informe do teu médico.
Infórmate:
986 89 10 89
EN CASO DE ACCIDENTE, CALES SON OS TEUS DEREITOS?
Asistencia Sanitaria gratuíta e inmediata: Consultas con médicos especialistas, tratamentos de fisioterapia, etc.
Para todos os lesionados: Condutores, pasaxeiros, ciclistas, peóns, independentemente de que sexas culpable ou afectado.
En centros privados: Acudindo ao teu médico ou fisioterapeuta de confianza.
Sen coste algún: O seguro deberá reembolsarche os gastos creados.
Asistencia xurídica: A cargo do seguro na maioría de casos.
Si no coche ían máis persoas, todos os lesionados teñen dereito a esta asistencia?
Si, todos: Condutores*, ocupantes, ciclistas e peóns, sexan ou non culpables do accidente.
*(Os condutores están cubertos sempre que haxa máis dun vehículo implicado ou se na póliza contan con cobertura de accidentes).
ACCIDENTES "IN ITINERE"
QUE ACONTECE SE TES UN ACCIDENTE AO ENTRAR OU SAÍR DO TRABALLO?
Este tipo de accidentes considéranse laborais. Será a túa Mutua de Accidentes laboral quen se fará cargo do seguimento da asistencia,
pero a cobertura da mesma corresponderá á Aseguradora do vehículo que ocasionou o accidente.
NECESITO AUTORIZACIÓN DA MIÑA COMPAÑÍA PARA ACUDIR A CENTRO DE FISIOTERAPIA LOIS?
As compañías ofrecen os seus servicios propios, xa que teñen establecidos convenios con determinados centros médicos.
Aínda que o CENTRO DE FISIOTERAPIA LOIS non se atope entre os centros con convenio coa túa compañía, ti tes dereito
elixir onde recibirás tratamento.
Se a túa aseguradora autoriza a realización o tratamento de fisioterapia no noso centro, nós ocupámonos dos trámites.
Se non recibes autorización, só precisas acudir ao teu médico e, coa súa prescrición, comezar o tratamento de fisioterapia
no noso centro. Nalgúns casos é preciso que o paciente adiante o pagamento das sesións, pero presentando a factura
e un informe de evolución a compañía deberá reembolsar o custe do tratamento.
LEMBRA QUE …
Existe un dereito (dos lesionados) e unha obriga (das Compañías Aseguradoras) de garantir a asistencia a todos os afectados
en accidentes de circulación. E o máis importante...
TI PODES ELIXIR COMO E ONDE TRATARTE
INFÓRMATE en CENTRO DE FISIOTERAPIA LOIS
986 89 10 89
contacto@fisioterapialois.eu