Despois da declaración do estado de alarma pola Covid-19 e da situación extraordinaria que estamos vivindo a partir da declaración da pandemia pola OMS, requírese por parte dos Profesionais da Saúde un novo enfoque da atención sanitaria a realizar cos usuarios/pacientes co fin de abordar os novos retos que se nos presentan.
En Centro de Fisioterapia LOIS temos presente esta "nova normalidade", polo que dotamos o noso centro dos medios de protección e desinfección necesarios e reorganizamos a nosa actividade con criterios de máxima seguridade para os nosos pacientes e profesionais.