O primeiro centro de Fisioterapia de Marín Fisioterapia laboral, deportiva, infantil, neurolóxica, ortopédica, tráficos, ciruxías
Home » Tratamentos

Tratamentos

Solucións de fisioterapia para aliviar todo tipo de problemas físicos

Solucións de fisioterapia para aliviar todo tipo de problemas físicos - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

 

O Centro de Fisioterapia LOIS de Marín, FisioLOIS, ofrece tratamentos de fisioterapia para dar solución a todo tipo de problemas de espalda, problemas articulares ou reumáticos, lesións derivadas da práctica deportiva, o traballo ou accidentes de tráfico.

 

O noso centro de fisioterapia, en Marín, conta cun equipo de profesionais con gran formación e ampla experiencia en todo tipo de técnicas de fisioterapia.

 

Previa cita, realizamos tratamentos individualizados de terapia manual, masaxes, electroterapia, ultrasón, lásermagnetoterapiatermoterapiavendaxe funcionalKinesio tapeparafina, ganchos e punción seca.

 

Tamén somos especialistas en Fisioterapia Deportiva, Reumatolóxica, Laboral e Ortopédica. Tratamos pacientes con dores cervicais, lumbalxias, esguinces, contracturas... En LOIS tratamos todo tipo de enfermidades pediátricas.

 

Realizamos terapias de rehabilitaciónpre e post operatorios de próteses de cadera e xeonllo, con excelentes resultados.

 

Dende as últimas décadas somos un dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de todo tipo de patoloxías neurolóxicas, xeriátricas e neurodexenerativas: Ictus, TCE, lesións medulares, dano cerebral, Párkinson, Esclerose... 

 

Chámanos e infórmate:

 

986 89 10 89

 

Centro sanitario REXCE nº C36-001963

Punción seca para aliviar a dor

Punción seca para aliviar a dor - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

A punción seca é unha técnica de Fisioterapia que consiste no emprego dunha agulla sobre os nos de contracción muscular (puntos de gatillo ou nódulos musculares), co obxecto de tratar o síndrome da dor miofascial.

 

Grazas á punción seca reláxanse e desbloquéanse as fibras do músculo danado, que así se rexenera de xeito máis rápido e aliviamos de forma inmediata entre un 20-25% da dor.

 

Técnica aplicable en caso de traumatismos, sobrecargas, contracturas musculares, fatiga muscular, dor cervical, dor dorsal,  dor lumbar

 

Esta práctica, combinada coa terapia manual, representa unha das técnicas máis eficaces para o tratamento dos puntos gatillo.

 

 Infórmate e pide cita:

 

986 89 10 89

Pilates Terapéutico para recuperación de lesións

Pilates Terapéutico para recuperación de lesións - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

Pilates é un método de exercicios sen impacto pensado para traballar a alineación e o equilibrio de todo o corpo. Recoméndase a súa práctica a calquera idade, sempre que a técnica utilizada sexa a correcta e estea dirixida por profesionais especializados e con experiencia.

 

Impartido por fisioterapeutas con obxectivo terapéutico, o Pilates está indicado tanto en persoas sanas como naquelas que padezan algunha lesión ou doenza crónica.

 

En LOIS impartimos clases en grupos reducidos, nas que traballar a corrección postural, forza, elasticidade muscular e mobilidade articular dos participantes.

 

Deste xeito o Pilates convértese nun programa de exercicio moi axeitado para a corrección postural, a recuperación de lesións e o establecemento da funcionalidade óptima do movemento.

 

Infórmate e inscríbete!

 

986 89 10 89

Vendaxe neuromuscular kinesio taping

Vendaxe neuromuscular kinesio taping - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

Un dos métodos utilizados polos fisioterapeutas de FisioLOIS de xeito habitual é a vendaxe neuromuscular coñecida como kinesio taping.

 

Deseñada para facilitar o proceso de curación natural do corpo, esta cinta proporciona estabilidade e soporte a músculos e articulacións, sen restrinxir o movemento.

 

Para que a aplicación desta cinta teña efecto terapéutico é preciso ter coñecementos anatómicos de cada músculo (forma, tamaño, orixe, lugar de inserción e acción).

 

O verdadeiro efecto do kinesio taping se debe á elasticidade da cinta, que produce un efecto físico de tracción na pel e na fascia superficial.

 

A cor da vendaxe non inflúe nos resultados terapéuticos, pero si a forma do corte, a tensión coa que se aplica e o seu sentido.

 

Queres saber máis?

Pídenos cita

 

986 89 10 89

En caso de accidente, recupérate en FisioLOIS

En caso de accidente, recupérate en FisioLOIS - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

Se tiveches un ACCIDENTE DE TRÁFICO e precisas tratamento para recuperarte das túas lesións, acude ao noso centro de fisioterapia de Marín para iniciar o proceso de rehabilitación.

 

Por Lei, podes elixir a opción de acudir ao teu centro médico e fisioterapeuta de confianza para recibir un tratamento máis personalizado. Solicita ao teu seguro a autorización para realizar as sesións de fisioterapia en FisioLOIS.

 

A túa COMPAÑÍA de SEGUROS tamén conta con CENTROS SANITARIOS CONCERTADOS para atenderte. Pero recorda: eles TRABALLAN PARA A COMPAÑÍA.

 

 Se desexas elixir o noso centro para a túa recuperación funcional, o seguro pode autorizar as sesión de tratamento en Centro de Fisioterapia LOIS ou, de non facelo, deberá reembolsarche o custe do tratamento presentando a factura e o informe do teu médico.

 

 

Infórmate:

986 89 10 89

 

EN CASO DE ACCIDENTE, CALES SON OS TEUS DEREITOS?

 

Asistencia Sanitaria gratuíta e inmediata: Consultas con médicos especialistas, tratamentos de fisioterapia, etc.

Para todos os lesionados: Condutores, pasaxeiros, ciclistas, peóns, independentemente de que sexas culpable ou afectado

En centros privados:  Acudindo ao teu médico ou fisioterapeuta de confianza

Sen coste algún: O seguro deberá reembolsarche os gastos creados

Asistencia xurídica: A cargo do seguro na maioría de casos

Si no coche ían máis persoas, todos os lesionados teñen dereito a esta asistencia?

Si, todos: Condutores*, ocupantes, ciclistas e peóns, sexan ou non culpables do accidente.

 

*(Os condutores están cubertos sempre que haxa máis dun vehículo implicado ou se na póliza contan con cobertura de accidentes, o máis habitual).

 

ACCIDENTES "IN ITINERE"

 

QUE ACONTECE SE TES UN ACCIDENTE AO ENTRAR OU SAÍR DO TRABALLO? 

Este tipo de accidentes considéranse laborais. Será a túa Mutua de Accidentes laboral quen se fará cargo do seguimento da asistencia, pero a cobertura da mesma corresponderá á Aseguradora do vehículo que ocasionou o accidente.

 

NECESITO AUTORIZACIÓN DA MIÑA COMPAÑÍA PARA ACUDIR A FisioLOIS?

 

As compañías ofrecen os seus servicios propios, xa que teñen establecidos convenios con determinados centros médicos. Aínda que o Centro de Fisioterapia LOIS non se atope entre os centros con convenio coa túa compañía, ti tes dereito a elixir onde recibirás tratamento.

Se a túa aseguradora autoriza a realización o tratamento de fisioterapia no noso centro, nós ocupámonos de todos os trámites.

Se non recibes autorización, só precisas acudir ao teu médico e, coa súa prescrición, comezar o tratamento de fisioterapia no noso centro. Nalgúns casos é preciso que o paciente adiante o pagamento do tratamento, pero presentando a factura e un informe de evolución a compañía deberá reembolsar o custe do tratamento.

 

LEMBRA QUE …

 

Existe un dereito (dos lesionados) e unha obriga (das Compañías Aseguradoras) de garantir a asistencia a todos os afectados en accidentes de circulación.

 

E o máis importante

 

TI PODES ELIXIR COMO E ONDE TRATARTE

 

INFÓRMATE en Centro FisioLOIS.

986 89 10 89

consultas@fisioterapialois.es