Home » + que Fisio

+ que Fisio

FISIOTERAPIA RESPIRATORIA PEDIÁTRICA

FISIOTERAPIA RESPIRATORIA PEDIÁTRICA - LOIS

Chegou o frío e con el os primeiros catarros, que poden afectar a toda a familia, en especial aos máis pequenos. Os nenos non teñen a mesma capacidade que os adultos para afrontar cambios climáticos ou para combater axentes patóxenos como virus ou bacterias, xa que nin o seu sistema respiratorio, nin  o seu sistema de defensa está completamente desenvolvidos. Como consecuencia, o que para un adulto pode ser un simple arrefriado, para un cativo pode derivar en nun proceso infeccioso (bronquiolitis, pneumonía…)
No Centro de Fisioterapia Lois tratamos a bebés e nenos para axudarlles a previr, curar e evitar recidivas de enfermidades respiratorias. Aplicamos técnicas que son indoloras para a criatura coa fin de axudarlle a mobilizar o exceso de moco que por si soa non é capaz de eliminar. Deste xeito pódese previr a instauración de infecciones broncopulmonares, co conseguinte dano estrutural que causarían no aparato respiratorio do neno.

Pilates Terapéutico

Pilates Terapéutico - LOIS

O Pilates é un método de exercicios sen impacto pensado para traballar a alineación e o equilibrio de todo o corpo. Recoméndase a súa práctica a calquera idade, sempre que a técnica utilizada sexa a correcta e estea dirixida por profesionais especializados e con experiencia.

Impartido por fisioterapeutas con obxectivo terapéutico, o Pilates está indicado tanto en persoas sanas como naquelas que padezan algunha lesión ou doenza crónica.

En LOIS impartimos clases en grupos reducidos, nas que traballar a corrección postural, forza, elasticidade muscular e mobilidade articular dos participantes.

Deste xeito o Pilates convértese nun programa de exercicio moi axeitado para a corrección postural, a recuperación de lesións e o establecemento da funcionalidade óptima do movemento.

Vendaxe neuromuscular kinesio taping

Vendaxe neuromuscular kinesio taping - LOIS

Un dos métodos utilizados polos fisioterapeutas de LOIS é a vendaxe neuromuscular kinesio taping.

Deseñada para facilitar o proceso de curación natural do corpo, esta cinta proporciona estabilidade e soporte a músculos e articulacións, sen restrinxir o movemento.

Para que a aplicación desta cinta teña efecto terapéutico é preciso ter coñecementos anatómicos de cada músculo (forma, tamaño, orixe, lugar de inserción e acción).

O verdadeiro efecto do kinesio taping se debe á elasticidade da cinta, que produce un efecto físico de tracción na pel e na fascia superficial.

A cor da vendaxe non inflúe nos resultados terapéuticos, pero si a forma do corte, a tensión coa que se aplica e o seu sentido.

Entidade Prestadora de Servizos Sociais RUEPPS E6360

Entidade Prestadora de Servizos Sociais RUEPPS E6360 - LOIS

Centro de Fisioterapia LOIS figura no REXISTRO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS (RUEPSS) da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia co número nº E-6360, como Sociedade de Iniciativa Privada na área de dependencia e ámbito xeográfico autonómico.

https://politicasocial.xunta.gal/XiacWeb/aEntidades.do

Ximnasia Terapéutica para xente maior

Ximnasia Terapéutica para xente maior - LOIS

LOIS pon en marcha un novo Obradoiro de Ximnasia Terapéutica para a nosa xente maior. 

Ademais de mellorar as condicións físicas dos participantes (flexibilidade, equilibrio e fortalecemento muscular), o exercicio axuda a previr doenzas propias da idade.

Esta actividade tamén contribúe á interacción social dos nosos maiores. Non só melloran o seu estado físico, senón tamén o emocional e psicolóxico.

O noso obradoiro vai dirixido a persoas maiores de 60 anos e xubilados de calquera idade, en grupos reducidos.

Dirixido por fisioterapeutas, trabállase de maneira personalizada con exercicios axeitados á realidade de cada participante. 
 

LOIS

LOIS

LOIS

LOIS

LOIS

LOIS